Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Curso monográfico Detección e intervención ante a violencia de xénero nos centros de maiores, centros de día e servizos de axuda a domicilio

    Cursos / Mércores, 16 de Outubro de 2019.

    A EGAP convoca un curso superior de 15 horas lectivas coa finalidade de dotar o alumnado de estratexias para previr, detectar e abordar adecuadamente situacións de violencia de xénero contra mulleres maiores ou con discapacidade dependentes, tanto en centros prestadores de servizos sociais como en servizos de atención domiciliaria. 


    Persoas destinatarias: o persoal empregado público das administracións públicas galegas, en situación de servizo activo ou asimilada, que se dedique á atención de persoas maiores ou persoas con discapacidade dependentes, tanto en centros prestadores de servizos sociais como en servizos de atención domiciliaria.
    Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP), Santiago de Compostela
    Datas: 28, 29 e 30 de outubro, 4 e 5 de novembro de 2019
    Horario: das 16.00 ás 19.00 horas
    Duración: 15 horas lectivas
    Prazas: 50
    Inscrición: desde as 8 horas do 17 de outubro ata as 23.55 horas do 22 de outubro en https://egap.xunta.gal/matricula. Todos/as os/as solicitantes deberán enviar un correo electrónico a novas.egap@xunta.gal, achegando un certificado acreditativo da súa condición de persoal empregado público dedicado á atención a persoas maiores ou persoas con discapacidade dependentes. Esta certificación será expedida pola persoa que realice as tarefas de certificación da Administración en que preste os seus servizos.

    Máis información no DOG do 16 de outubro ou na ficha do curso
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 807 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212