Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A EGAP convoca un E-martes centrado no uso de certificados dixitais na Xunta de Galicia

    Cursos / Venres, 18 de Outubro de 2019.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca no DOG do 18 de outubro a II Xornada de formación práctica dixital (E-martes) que terá lugar o 5 de novembro e abordará o uso de certificados dixitais na xunta de Galicia cunha dobre perspectiva.


    Grazas a este enfoque tratarase o tema :desde o punto de vista do uso interno de certificados dixitais nas administracións públicas (certificados de empregado público, certificados de selo electrónico para actuacións administrativas automatizadas e portasinaturas corporativo) e desde o punto de vista da cidadanía (sede electrónica da Xunta de Galicia, proxecto Chave 365 e sala electrónica de sinaturas). A formación constará dunha introdución xurídica e posterior práctica nas aulas de informática da escola, combinada con actividades de dinamización.

    Persoas destinatarias:
    • o persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega e dos seus entes instrumentais. No caso das empregadas e empregados públicos priorizarase a inscrición daquelas persoas solicitantes que poidan xustificar debidamente que as súas funcións están directamente relacionadas coa materia impartida.
    • a cidadanía: profesionais e persoas interesadas no manexo das aplicacións descritas na súa relación coa Administración.
    Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP). Rúa Madrid, 2-4. Santiago de Compostela.
    Data: 5 de novembro.
    Horario: mañá e tarde.
    Duración: 6 horas lectivas.
    Prazas: 50.
    Inscrición: desde as 8 horas do 19 de outubro ata as 23.55 horas do 25 de outubro en https://egap.xunta.gal/matricula 

    Máis información no DOG do 18 de outubro, na ficha do curso ou nos teléfonos 981 546 239 e 981 546 241 de luns a venres das 8.30 horas ata as 14.30 horas. 

  •   Anterior Seguinte  
    Pax 809 de 1198
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212