Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Curso de permisos de corresponsabilidade nos coidados familiares para a igualdade

    Cursos / Martes, 5 de Novembro de 2019.

    A través do convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e a Federación de Empregados e Empregadas dos Servizos Públicos de Galicia convócase un curso online sobre permisos de corresponsabilidade nos coidados familiares para a igualdade, coa finalidade de visibilizar a necesidade dunha repartición equilibrada dos coidados e tarefas no ámbito da vida persoal, familiar e laboral, e por outro, fomentar a corresponsabilidade nas traballadoras e traballadores da Administración pública de Galicia.


    Destinatarios/as: persoal ao servizo das administracións públicas de Galicia, tanto autonómica, como local e de xustiza, dos entes instrumentais da Comunidade Autónoma de Galicia e das universidades do Sistema universitario de Galicia.
    Duración: 20 horas
    Edicións: unha
    Prazas: 50
    Datas: 20 de novembro de 2019 ao 12 de decembro de 2019
    Proba final presencial: 16 de decembro ás 10.00 horas, descentralizada nas sete cidades galegas

    Máis información no DOG do 5 de novembro ou na ficha do curso
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 815 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212