Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Curso monográfico Como construír e de-construír crenzas limitantes? Auto-percepción e autonomía emocional

    Cursos / Luns, 11 de Novembro de 2019.

    A EGAP convoca un curso monográfico para os días 20, 21, 26, 27 e 28 de novembro no que se traballará co sistema de crenzas e valores tales como o respecto, a tolerancia e a empatía, enfocados a mellorar o igual desenvolvemento do alumnado, o empoderamento e a súa auto-percepción, como elementos fundamentais para a prevención da violencia de xénero.


    Persoas destinatarias: o persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, das administracións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, dos seus entes instrumentais e das universidades do Sistema universitario de Galicia.
    Lugar: EGAP, Santiago de Compostela.
    Datas: 20, 21, 26, 27 e 28 de novembro
    Horario: das 16.30 ás 19.30 horas
    Duración: 15 horas lectivas
    Prazas: 50

    Inscrición: desde as 8 horas do 12 de novembro ata as 23.55 horas do 17 de novembro en https://egap.xunta.gal/matricula

    Máis información no DOG do 11 de novembro ou na ficha do curso
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 816 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212