Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Curso monográfico Os sistemas de integridade institucional nas administracións públicas

    Cursos / Luns, 18 de Novembro de 2019.

    A EGAP convoca para os días 2 e 3 de decembro un curso monográfico co obxectivo de dar a coñecer os aspectos xerais dos sistemas de integridade no sector público (conceptos de integridade e corrupción, políticas de integridade, modelos de prevención da corrupción e sistemas de xestión de cumprimento) xunto con aspectos máis técnicos vinculados á xestión de riscos nas administracións públicas.


    Persoas destinatarias: o persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, das administracións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, dos entes instrumentais da Comunidade Autónoma de Galicia e das universidades do Sistema universitario de Galicia, xuristas, profesionais e persoas interesadas en xeral.
    Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP), rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela
    Datas: luns e martes, 2 e 3 de decembro
    Horario: día 2, das 11.00 ás 14.00 horas e das 17.00 ás 19.00 horas; día 3, das 9.00 ás 13.00 horas
    Duración: 9 horas lectivas
    Inscrición: aberta desde as 8 horas do 19 de novembro ata as 23.55 horas do 27 de novembro en https://egap.xunta.gal/matricula

    Máis información no DOG do 18 de novembro ou na ficha do curso
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 817 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212