Escola Galega de Administración Pública
Xunta de Galicia - Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN EGAP ABERTA EGAP HOXE EGAP A MÁIS

AVISO E RECOMENDACIÓN: O seu navegador web (Internet Explorer 6) está obsoleto o cal pode provocar que certos elementos se mostren descolocados ou non se carguen correctamente. Ademáis, tampouco poderá ver ben, populares webs como Youtube ou Facebook, entre outras moitas. Recomendámoslle actualizar o seu navegador nos enlaces seguintes:

Internet Explorer Mozilla Firefox Google Chrome Apple Safari Opera
  • Imagen 1 de 7  

    Taller de contratación pública. Role play xurídico-práctico

    Cursos / Luns, 25 de novembro de 2019.

    A EGAP convoca un obradoiro de contratación dirixido ao persoal empregado público coa finalidade de profundar nesta materia desde un punto de vista práctico e usando técnicas de dinámica de grupo coma o role play. 


    Os obxectivos desta actividade serán:
        • Comprender e coñecer todas as fases do procedemento de contratación.
        • Ser capaz de redactar os documentos que compoñen o expediente de contratación.
        • Alertar sobre as dificultades e principais incidencias da contratación pública.
        • Determinar as esixencias de solvencia de forma adecuada.
        • Diferenciar os tipos de criterios de adxudicación e coñecer os riscos e posibilidades de elección dos ditos criterios.
        • Ser capaz de redactar un prego de condicións e coñecer as posibles vulnerabilidades e os defectos frecuentes.
        • Comprender a dificultade de redactar un modificado previsto.
        • Comprender como redactar condicións especiais de execución e, en relación con iso, coñecer as novas esixencias do Real Decreto Lei 14/2019, do 31 de outubro.
        • Aprender cal é o contido mínimo dun documento de contrato.

    Persoas destinatarias: o persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, das administracións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, dos seus entes instrumentais e das universidades do Sistema universitario de Galicia, que presten servizo en unidades de contratación e que se encadren ou no grupo A (subgrupos A1 e A2) do persoal funcionario ou nos grupos I e II do persoal laboral.
    Lugar: EGAP, Santiago de Compostela.
    Data: martes, 10 de decembro
    Horario: de 9:00 a 14:30 horas.
    Horas lectivas: seis.
    Prazas: 50 
    Inscrición: desde as 8 horas do 26 de novembro ata as 23.55 horas do 2 de decembro en https://egap.xunta.gal/matricula 

    Máis información no DOG do 25 de novembro ou na ficha da actividade
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 819 de 825
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Turismo de Galicia