Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Curso monográfico Violencia de xénero na adolescencia

    Cursos / Martes, 26 de Novembro de 2019.

    A EGAP convoca o curso curso monográfico Violencia de xénero na adolescencia coa finalidade de fomentar o coñecemento e a análise crítica necesaria para a identificación das desigualdades, discriminacións e violencias explícitas existentes contra as adolescentes, de xeito que se posibilite a incorporación destes coñecemento ás actuacións públicas e se facilite o desenvolvemento de estratexias de prevención, detección e intervención.


    Persoas destinatarias: o curso está dirixido ao persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, das administracións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, dos seus entes instrumentais, da Administración de xustiza e das universidades do Sistema universitario de Galicia.
    Lugar: EGAP, Santiago de Compostela.
    Datas: 9, 10, 11 e 12 de decembro
    Horario: de 16:00 a 19:30 horas
    Duración: 14 horas lectivas
    Prazas: 50
    Inscrición: desde as 8 horas do 27 de novembro ás 23.55 horas do 2 de decembro en https://egap.xunta.gal/matricula 

    Máis información no DOG do 26 de novembro ou na ficha do curso.
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 820 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212