Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A EGAP e a Universidade de Salamanca asinan un convenio de colaboración

    A Escola / Venres, 22 de Novembro de 2019.

    A directora da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), Sonia Rodríguez-Campos, e o reitor da Universidade de Salamanca, Ricardo Rivero, asinaron onte en Salamanca un convenio de colaboración para o desenvolvemento conxunto de actividades de carácter formativo, divulgador e investigador. 


    Entre as actividades froito deste acordo atópanse a realización conxunta de cursos, xornadas, seminarios e outras actividades de divulgación; a edición conxunta de libros, outras publicacións e documentos de traballo; ou a promoción da actividade investigadora de ambas as institucións mediante proxectos conxuntos. Este tipo de accións permítenlle á Escola xerar sinerxías con outras entidades para un mellor cumprimento dos seus fins, en beneficio da cidadanía e da sociedade galega.

    Para o bo desenvolvemento das actividades que xurdan da sinatura deste convenio establecerase unha Comisión de mixta de seguimento, de composición paritaria, integrada por representantes de cada unha das institucións á que corresponderá a concreción, o seguimento, a interpretación e a avaliación das accións desenvolvidas. 
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 821 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212