Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A EGAP inicia a publicación electrónica das súas revistas científicas

    Publicacións / Luns, 25 de Novembro de 2019.

    A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) estrea un novo formato dixital para as súas revistas coa publicación do número 57 da Revista Galega de Administración Pública (Regap). Todos estes cambios teñen como finalidade non só facer máis accesibles os contidos á cidadanía e facilitar o achegamento do coñecemento científico á sociedade, senón tamén mellorar a súa catalogación nas principais bases de datos de publicacións científicas. 


    Este novo sistema permite o manexo eficiente e unificado do proceso editorial á vez que sirve para xestionar integramente as publicacións de maneira electrónica en todas as súas fases. Grazas a isto, increméntase a transparencia dos procesos e ofrece certas vantaxes aos lectores como a creación de alertas por temas ou palabras clave.

    O número 57 da Regap xa dispoñible de xeito gratuíto para a súa lectura e descarga en https://egap.xunta.gal/revistas
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 822 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212