Escola Galega de Administración Pública
Xunta de Galicia - Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN EGAP ABERTA EGAP HOXE EGAP A MÁIS

AVISO E RECOMENDACIÓN: O seu navegador web (Internet Explorer 6) está obsoleto o cal pode provocar que certos elementos se mostren descolocados ou non se carguen correctamente. Ademáis, tampouco poderá ver ben, populares webs como Youtube ou Facebook, entre outras moitas. Recomendámoslle actualizar o seu navegador nos enlaces seguintes:

Internet Explorer Mozilla Firefox Google Chrome Apple Safari Opera
  • Imagen 1 de 7  

    IV Xornada de formación práctica dixital (E-martes)

    Xornadas / Xoves, 5 de decembro de 2019.

    O próximo 17 de decembro terá lugar na EGAP a IV Xornada de formación práctica dixital (E-martes), centrada nos sistemas para a contratación pública: Portal contratos de Galicia. Licitación electrónica SILEX. Xestión de expedientes de contratación PLATION. Este contido adaptarase aos dous grupos de persoas a que vai dirixida a actividade, e constará dunha introdución xurídica (común) e posterior práctica nas aulas de informática da escola.


    Persoas destinatarias:
    – O persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega e dos seus entes instrumentais. No caso das empregadas e empregados públicos priorizarase a inscrición daquelas persoas solicitantes que poidan xustificar debidamente que as súas funcións están directamente relacionadas coa materia impartida.
    – A cidadanía: profesionais e persoas interesadas no manexo das aplicacións descritas na súa relación coa Administración.
    Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP). Rúa Madrid, 2-4. Santiago de Compostela.
    Data: 17 de decembro
    Horario: mañá e tarde
    Duración: 6 horas lectivas
    Número de prazas: 50
    Inscrición: desde as 8 horas do 9 de decembro ata as 23.55 horas do 12 de decembro en https://egap.xunta.gal/matricula

    Máis información no DOG do 5 de decembro ou na ficha da actividade. 
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 823 de 826
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Turismo de Galicia