A EGAP convoca cursos de linguaxe administrativa e xurídica galega tanto para persoal ao servizo das distintas administracións da Comunidade Autónoma de Galicia coma para persoal ao servizo da Administración de xustiza que preste servizos fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.
- Cursos de linguaxe administrativa e xurídica galega para persoal ao servizo das distintas administracións da Comunidade Autónoma de Galicia (28 edicións e 700 prazas)
Destinatarios: empregados públicos e ás empregadas públicas destinados/as nas administracións territoriais, institucionais, entes públicos instrumentais do sector público da Comunidade Autónoma de Galicia, así como ao persoal da Administración de xustiza de Galicia e persoal de administración e servizos (PAS) das tres universidades do Sistema universitario galego.
Matrícula: desde as 8 horas do 11 de febreiro ata as 14 horas do 20 de febreiro en
https://egap.xunta.gal/matricula
Para o persoal ao servizo da administración xeral da CA de Galicia, institucións e entidades públicas instrumentais do sector público autonómico |
Curso medio de linguaxe administrativa galega |
Teleformación |
10 edicións |
25 prazas por edición |
Presencial |
1 edición |
25 prazas por edición |
Curso superior de linguaxe administrativa galega |
Teleformación |
9 edicións |
25 prazas por edición |
Presencial |
2 edicións |
25 prazas por edición |
Para o persoal ao servizo da Administración de xustiza e outros colectivos relacionados coa xustiza de Galicia |
Curso medio de linguaxe xurídica galega |
Teleformación |
1 edición |
25 prazas por edición |
Curso superior de linguaxe xurídica galega |
Teleformación |
1 edición |
25 prazas por edición |
Para o persoal das entidades locais de Galicia |
Curso medio de linguaxe administrativa galega |
Teleformación |
1 edición |
25 prazas por edición |
Curso superior de linguaxe administrativa galega |
Teleformación |
1 edición |
25 prazas por edición |
Para o PAS das universidades de Galicia |
Curso medio de linguaxe administrativa galega |
Teleformación |
1 edición |
25 prazas por edición |
Curso superior de linguaxe administrativa galega |
Teleformación |
1 edición |
25 prazas por edición |
Para optar a estas actividades é preciso ter validado ou superado na data desta resolución algún dos cursos que se indican a continuación:
- Para o curso superior: o curso medio de linguaxe xurídica galega, o curso medio de linguaxe administrativa galega ou calquera dos cursos equivalentes a estes que se establecen no artigo 5.2 da Orde do 13 de xuño de 2011 (DOG núm. 121, do 24 de xuño).
- Para o curso medio: o curso Celga 4, os cursos de iniciación e perfeccionamento de lingua galega, o curso básico de linguaxe administrativa galega, o curso básico de linguaxe xurídica ou o curso básico de linguaxe administrativa sanitaria.
Máis información no
DOG do 10 de febreiro.
- Cursos de linguaxe administrativa e xurídica galega para persoal ao servizo da Administración de xustiza que preste servizos fóra da Comunidade Autónoma de Galicia (3 edicións e 75 prazas)
Destinatarios: maxistrados/as, xuíces, fiscais, secretarios/as xudiciais, médicos/as forenses, funcionarios/as dos corpos de xestión procesual e administrativa, de tramitación procesual e administrativa e de auxilio xudicial
Matrícula: desde as 8 horas do 11 de febreiro ata as 14 horas do 20 de febreiro en
https://egap.xunta.gal/matricula
Para o persoal ao servizo da Administración de xustiza e outros colectivos relacionados coa xustiza de Galicia |
Curso medio de linguaxe xurídica galega |
Teleformación |
2 edicións |
25 prazas por edición |
Curso superior de linguaxe xurídica galega |
Teleformación |
1 edición |
25 prazas por edición |
Para optar a estas actividades é preciso ter validado ou superado na data desta resolución algún dos cursos que se indican a continuación:
- Para o curso superior: o curso medio de linguaxe xurídica galega, o curso medio de linguaxe administrativa galega ou calquera dos cursos equivalentes a estes que se establecen no artigo 5.2 da Orde do 13 de xuño de 2011 (DOG núm. 121, do 24 de xuño).
- Para o curso medio: o curso Celga 4, os cursos de iniciación e perfeccionamento de lingua galega, o curso básico de linguaxe administrativa galega, o curso básico de linguaxe xurídica ou o curso básico de linguaxe administrativa sanitaria.
Para poder optar aos cursos será preciso presentar dentro do prazo de presentación das solicitudes unha validación ou certificación acreditativa de ter superado o nivel de coñecemento do idioma galego para poder ser admitido no curso que se solicita e un documento que acredite a antigüidade na Administración de xustiza tomando como referencia a primeira toma de posesión.
Máis información no
DOG do 10 de febreiro.