Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Xornada Como loitar contra a aporofobia, o odio e a desinformación desde a Administración pública

    Xornadas / Xoves, 6 de Febreiro de 2020.

    O 20 de febreiro, en horario de mañá e tarde, terá lugar na EGAP unha xornada dirixida a dotar ao alumnado dos coñecementos e competencias necesarias para previr situacións de discriminación, culpabilización e/ou aporofobia que se poidan dar por mor dos prexuízos e os estereotipos no marco da Administración pública cara a persoas en situación de pobreza e/ou exclusión social.


    Persoas destinatarias: o persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, das administracións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, dos entes instrumentais da Comunidade Autónoma de Galicia e das universidades do Sistema universitario de Galicia, xuristas, profesionais e persoas interesadas en xeral.
    Data: xoves, 20 de febreiro 
    Horario: de mañá e tarde
    Lugar: EGAP, Rúa Madrid, 2-4. Santiago de Compostela
    Duración: 8 horas lectivas

    Inscrición: desde as 8 horas do 7 de febreiro ata as 23.55 horas do 18 de febreiro en https://egap.xunta.gal/matricula


    Máis información no DOG do 6 de febreiro ou na ficha da xornada
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 835 de 1240
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212