V Xornada de formación práctica dixital (E-martes)
Xornadas / Xoves, 23 de Xaneiro de 2020.
O próximo 4 de febreiro terá lugar na EGAP unha actividade formativa, dirixida tanto a empregados públicos coma á cidadanía, que constará dunha introdución xurídica (común) e posterior práctica nas aulas de informática da escola.
Contidos:
-
Notificacións electrónicas. Sistema de notificacións electrónicas de Galicia: notifica.gal
-
Identificación dixital (certificados dixitais e Chave).
-
Sede electrónica.
Persoas destinatarias:
-
O persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega e dos seus entes instrumentais. No caso das empregadas e empregados públicos priorizarase a inscrición daquelas persoas solicitantes que poidan xustificar debidamente que as súas funcións están directamente relacionadas coa materia impartida.
-
A cidadanía: profesionais e persoas interesadas no manexo das aplicacións descritas na súa relación coa Administración.
Lugar: EGAP, rúa Madrid, 2-4. Santiago de Compostela
Data: martes, 4 de febreiro de 2020
Horario: mañá e tarde
Duración: 6 horas lectivas
Prazas: 50
Matrícula: dispoñible das 8 horas do 24 de xaneiro ata as 23.55 horas do 28 de xaneiro en https://egap.xunta.gal/matricula
Máis información no
DOG do 23 de xaneiro ou na
ficha do curso.