Como un máis dos actos que a EGAP organizará para honrar as letras galegas, e especialmente este ano a Ricardo Carballo [Carvalho] Calero, a EGAP convoca, un ano máis, o premio de literatura infantil e xuvenil co obxecto de que os nenos e nenas galegos teñan a oportunidade de demostrar a súa capacidade para redactar en lingua galega e de exercitar a súa imaxinación para concibir historias e desenvolver as súas habilidades neste idioma
Participantes: poderán optar aos premios os nenos e nenas galegos con idades comprendidas entre estas dúas categorías: de 9 a 11 anos e de 12 a 14 anos. A idade estará referida á data de finalización do prazo de presentación de traballos.
Contido: os contos deberán redactarse en lingua galega e a súa temática será libre, á elección das persoas participantes. Os textos deberán ser presentados en folios A4, mecanografados por unha soa cara, a un espazo e medio, con formato de fonte Times New Roman, tamaño 12 e cunha extensión mínima dun folio e máxima de cinco.
Premios: en cada categoría existirán tres premios en metálico coa seguinte dotación económica:
|
De 9 a 11 anos |
De 12 a 14 anos |
1º premio |
250 euros |
250 euros |
2º premio |
200 euros |
200 euros |
3º premio |
150 euros |
150 euros |
Presentación de solicitudes: presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (
PR775A). Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Prazo: desde o 22 de xaneiro ao 21 de febreiro
Máis información no
DOG do 21 do xaneiro.