Cursos para o persoal do IGCC; da DX de Xuventude, Participación e Voluntariado; dos espazos xoves; e das OMIX e OMIC
Cursos / Venres, 17 de Xaneiro de 2020.
De acordo co convenio de colaboración subscrito entre a Escola Galega de Administración Pública e o Instituto Galego do Consumo e da Competencia para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación convócanse cinco cursos para o persoal do Instituto Galego do Consumo e da Competencia; da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado; dos espazos xoves; e das OMIX e OMIC.
Participantes: Poderá participar na acción formativa convocada mediante esta resolución o persoal do Instituto Galego do Consumo e da Competencia (en diante, IGCC); da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado; dos espazos xoves e das OMIX e OMIC.
Matrícula: desde as 8 horas do 18 de xaneiro ata as 23.55 horas do 29 de xaneiro en
https://egap.xunta.gal/matricula
Actividades convocadas:
Máis información no
DOG do 17 de xaneiro.