Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    O próximo número da revista A&C analizará os cambios políticos de España nos últimos anos

    Publicacións / Xoves, 16 de Xaneiro de 2020.

    Esta mañá reuniuse na Escola Galega de Administración Pública o consello editorial da Revista Administración&Cidadanía para aprobar os contidos do número 2 volume 14.


    A dita publicación, que estará dispoñible na web da EGAP nas próximas semanas, incluirá tres artigos centrados nos cambios políticos acaecidos en España nos últimos anos. Así, Josep Mª Reniu Vilamala tratará os gobernos estatais de coalición en España, Santiago Delgado Fernández analizará o rol dos partidos emerxentes na formación e composición dos executivos autonómicos entre os anos 2015 e 2019, e Alfonso Antonio López Rodríguez examinará a evolución da nova política na España do século XXI.

    Ademais, o próximo número da revista tratará outros temas coma as políticas públicas de despois da crise económica, proposto por Alberto Vaquero García; as comisións parlamentarias de investigación coma instrumento de loita contra a corrupción pública, de Ana Gude Fernández; ou as cidades sustentables e a construción dun novo paradigma a partir da hermenéutica filosófica de Hans-Georg Gadamer redactado por Alessandra Antunes Erthal, Cleide Calgaro e Ricardo Hermany.

    Finalmente, o próximo número incluirá unha nota de Xermán Estévez Janeiro, titulada “Unidad militar de emergencias (UME): Reflexiones jurídicas en la defensa ambiental de España”, unha crónica de Julia Ammerman Yebra sobre a Xornada “O dereito e os animais”, e unha reseña do libro “La Arquitectura Administrativa de la Cultura en Italia. Análisis del diseño organizativo de la Administración para la tutela de los bienes culturales” realizada por Jokin Babaze Aizpurua.

    Administración & Cidadanía é unha revista creada no ano 2006 que pretende ofrecer un novo enfoque sobre a realidade organizativa e xerencial da Administración pública e achegar novas perspectivas ao estudo dos procesos de intervención pública e do seu impacto desde as perspectivas económica, xurídica, política e sociolóxica.  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 831 de 1230
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212