Curso de inglés para persoal do Concello de Pontevedra
Cursos / Luns, 13 de Xaneiro de 2020.
A través do convenio de colaboración subscrito entre a Escola Galega de Administración Pública e o Concello de Pontevedra convócase o curso de inglés, niveis Básico e Intermedio, para o persoal do Concello de Pontevedra.
Solicitudes e prazos:
-
O prazo de presentación de solicitudes será de oito días a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
-
As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo https://egap.xunta.gal/matricula desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55. horas da data de finalización.
Máis información no
DOG do 13 de xaneiro.