Despois da súa aprobación polo Consello Reitor o pasado 19 de decembro, a EGAP publicou no DOG do 10 de xaneiro o Plan de formación previsto para o ano 2020, que contén un total de 580 edicións formativas e 28.377 prazas.
O Plan de formación vai dirixido en exclusiva a:
• o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia
• o persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia
• o persoal ao servizo das entidades locais de Galicia
• o persoal das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional
• o persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do sistema universitario de Galicia
Cómpre destacar que o documento publicado hoxe ten unha función meramente informativa e que para acceder ás actividades reflectidas nel será preciso matricularse nas convocatorias que serán publicadas no DOG durante as próximas semanas.
Máis información no
DOG do 10 de xaneiro.