Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Cursos de prevención de riscos laborais nivel básico

    Cursos / Luns, 17 de Febreiro de 2020.

    De acordo co convenio de colaboración subscrito entre a Escola Galega de Administración Pública e o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral convócanse dous cursos de prevención de riscos laborais nivel básico na modalidade de teleformación. 


    Persoas destinatarias: empregados/as públicos/as, traballadores/as por conta allea ou autónomos/as, empresarios/as e aquelas persoas con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.
    Matrícula: desde as 9 horas do 18 de febreiro ás 23.55 horas do 27 de febreiro en https://egap.xunta.gal/matricula
    Actividades convocadas:

    - CV20009: Prevención de riscos laborais. Nivel básico. ISSGA
    Duración: 60 h. edición
    Edicións: tres
    Datas: do 11 de marzo ao 6 de maio de 2020. 
    Proba final presencial: o día 6 de maio ás 10.00 horas. A proba final do curso realizarase de forma descentralizada nos centros territoriais do ISSGA nas localidades da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra e en Santiago de Compostela na sede da EGAP, rúa Madrid, 2-4. Polígono das Fontiñas.
    Prazas: 75 por edición

    - CV20008: Prevención de riscos laborais en actividades de tempo libre-nivel básico
    Duración: 60 h. edición
    Edicións: unha
    Datas: do 17 de marzo ao 6 de maio de 2020
    Proba final presencial: o día 6 de maio ás 10.00 horas. A proba realizarase de forma descentralizada nos centros territoriais do ISSGA da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra e na sede da EGAP en Santiago de Compostela.
    Prazas: 75

    Máis información no DOG do 17 de febreiro
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 840 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212