Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A EGAP convoca o seu programa de idiomas para o persoal empregado público

    Cursos / Xoves, 20 de Febreiro de 2020.

    A Escola convoca no DOG do 20 de febreiro un total de 47 edicións formativas e 1770 prazas en materia de idiomas dirixidas ao persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galicia, da Administración de xustiza, das entidades locais e de administración e servizos das universidades galegas. 


    Matrícula: desde as 8 horas do 21 de febreiro ata as 23.55 horas do 28 de febreiro en https://egap.xunta.gal/matricula 
    Terán preferencia as persoas aspirantes que realicen tarefas/funcións para as que precisen o coñecemento dun idioma en concreto, acreditadas mediante un certificado expedido polo/a seu/súa superior xerárquico durante o prazo de presentación de solicitudes.
    Número máximo de solicitudes para esta convocatoria: unha
    Probas de nivel
    • Para as actividades de teleformación: durante o prazo de presentación de solicitudes o persoal que desexe solicitar algún dos niveis das actividades de lingua inglesa, francesa, alemá e portuguesa terá dispoñible unha proba de nivel orientativa. Poderá acceder a través da aula virtual (https://egap.xunta.gal/aulavirtual/). Despois de realizar a proba de nivel poderá matricularse nas actividades formativas que se correspondan con ese nivel.
    • Para as actividades de idiomas presenciais: as probas de nivel realizaranse con anterioridade ao inicio da actividade co fin de seleccionar grupos o máis homoxéneos posibles. As probas serán presenciais nos lugares e nas datas que se establezan. A EGAP informará da súa selección a través do correo electrónico, indicándolle as datas concretas, o horario e as características da dita proba.
    Máis información e detalle das actividades no DOG do 20 de febreiro

  •   Anterior Seguinte  
    Pax 843 de 1208
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212