Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A EGAP e o Issga convocan un novo curso de prevención de riscos laborais

    Cursos / Xoves, 2 de Abril de 2020.

    De acordo co convenio de colaboración subscrito entre a Escola Galega de Administración Pública e o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral convócase un curso de prevención de riscos laborais de nivel básico para persoal empregado público, traballador por conta allea ou autónomo, empresario ou persoa con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.


    Participantes: os empregados/as públicos/as, traballadores/as por conta allea ou autónomos/as, empresarios/as e aquelas persoas con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais. Terán prioridade aquelas persoas que posúan a condición de delegadas de prevención, traballadoras designadas e/ou empresarias que asuman as funcións de prevención de riscos laborais na súa empresa (deberán achegar a documentación que o acredite issga.cursoprl@xunta.gal dentro do prazo de presentación de solicitudes).
    Matrícula: desde as 9 horas do 3 de abril ata as 23.55 horas do 9 de abril en https://egap.xunta.gal/matricula
    Modalidade: teleformación
    Datas: do 21 de abril ao 18 de xuño 

    Máis información no DOG do 2 de abril ou na ficha do curso
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 861 de 1224
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212