A EGAP e a Amtega convocan un curso na modalidade de telepresenza dirixido ao persoal delegado de protección de datos nomeado ou cuxo nomeamento estea previsto a corto prazo e as persoas que formen parte do equipo de apoio aos DPD das consellerías e da Amtega.
Matrícula: das 9 horas do 29 de abril ata as 23.55 horas do 4 de maio en
https://egap.xunta.gal/matricula/
Obxectivos: proporcionar formación continua aos delegados de protección de datos persoais da Xunta de Galicia, co obxectivo de que coñezan en profundidade os principais aspectos da protección de datos persoais no ámbito das administracións publicas.
Modalidade: presencial (telepresenza)
Edicións: 1
Duración: 17 h
Datas: do 12 de maio ao 2 de decembro
Proba de avaliación o día 2 de decembro as 12.30 horas
Prazas: 50