Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Curso monográfico A planificación estratéxica como método de xestión pública

    Cursos / Luns, 20 de Xullo de 2020.

    A EGAP convoca o curso monográfico A planificación estratéxica como método de xestión pública, que terá lugar os días 9, 10 e 11 de setembro en Santiago de Compostela.


    A actividade ten como obxectivos:
    • Analizar os aspectos máis destacados da planificación estratéxica e da dirección por obxectivos: conceptos fundamentais e principios.
    • Motivar as persoas participantes na reflexión estratéxica para facer fronte aos desafíos do sector público.
    • Profundar no coñecemento e no manexo das principais ferramentas necesarias para formular e implementar a planificación estratéxica como método de traballo nas organizacións públicas.
    • Coñecer algunhas experiencias de planificación estratéxica levadas a cabo na Administración pública.
    • Aplicar os coñecementos adquiridos mediante a elaboración dun plan estratéxico.
    Persoas destinatarias: o persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, das administracións públicas de Galicia, tanto autonómica como local e de xustiza, dos entes instrumentais da comunidade autónoma e das universidades do Sistema universitario de Galicia, que se encadren nalgunha das seguintes categorías:
    • Grupo A (subgrupos A1 e A2) do persoal funcionario
    • Grupos I e II do persoal laboral
    Lugar: Escola Galega de Administración Pública, Santiago de Compostela.
    Datas: 9, 10 e 11 de setembro de 2020
    Duración: 20 horas lectivas
    Horario: de mañá e tarde os días 9 e 10; só de mañá o día 11
    Prazas: 40.
    Matrícula: desde as 8 horas do 20 de xullo ata as 23.55 horas do 31 de xullo en https://egap.xunta.gal/matricula
  • Recursos
  •   Convocatoria  
  •   Ficha do curso  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 877 de 1230
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212