A Escola convoca, en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), o Curso superior de Administración electrónica 2020 que terá lugar nos meses de setembro e outubro.
Obxectivos: Afondar, desde unha perspectiva técnico-xurídica, na concepción da Administración electrónica, incidindo na importancia que ten a súa implantación nas distintas administracións da nosa comunidade. Os contidos do programa enfocarán desde distintas perspectivas a Administración electrónica para que as persoas ás que se dirixe adquiran ou perfeccionen os coñecementos teóricos e prácticos da informática e do dereito, completando a súa formación no dereito da informática.
Persoas destinatarias: Persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica e entidades instrumentais da Comunidade Autónoma de Galicia que se encadren nalgunha das seguintes categorías:
-
Grupo A (subgrupos A1 e A2) do persoal funcionario.
-
Grupos I e II do persoal laboral.
No caso de non cubrirse a totalidade das prazas convocadas, as vacantes que resulten poderán cubrirse por persoal empregado público das ditas categorías, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración local, da Administración de xustiza e das universidades do Sistema universitario de Galicia.
Número de prazas: 50.
Lugar: EGAP, Santiago de Compostela.
Datas: desde o 21 de setembro ata o 27 de outubro
Duración: 114 horas lectivas, 30 horas de clases prácticas presenciais e 84 de teleformación. As clases prácticas presenciais desenvolveranse os días 22 e 29 de setembro e 6, 13 e 20 de outubro de 2020.
Horario das clases presenciais: pola mañá, de 11.00 a 14.00 horas; pola tarde, de 16.00 a 19.00 horas.
Matrícula: desde as 8 horas do 18 de xullo ata as 23.55 horas do 31 de xullo en
https://egap.xunta.gal/matricula