Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7   Imagen 2 de 7  

    O número 59 da Regap incluirá dous traballos sobre a Covid-19

    Publicacións / Venres, 3 de Xullo de 2020.

    Esta mañá reuníronse na EGAP os membros do consello de redacción da Revista Galega de Administración Pública (Regap) para aprobar o contido do número 59, que incluirá dous traballos relativos á Covid-19. 


    O catedrático de dereito administrativo da Universidade Autónoma de Madrid, Francisco Velasco Caballero, publicará un texto sobre a relación entre o Dereito local e a Covid-19, mentres que o profesor de dereito constitucional da Universidade Pública Pablo de Olavide de Sevilla analizará a responsabilidade patrimonial da Administración Xeral do Estado como consecuencia da crise por Covid-19.

    Por outra parte, o próximo exemplar da revista incluirá textos sobre outros temas de relevancia no ámbito do Dereito e a Administración, coma o contrato menor, a carreira profesional dos profesionais sanitarios, os retos legais do uso do big data na Inspección de Traballo e da Seguridade Social, o papel do Consello de Contas de Galicia na prevención da corrupción e na xestión de riscos na contratación pública ou a avaliación da normativa de compra pública.

    Esta publicación estará dispoñible nas próximas semanas en formato dixital a través da páxina web da EGAP (https://egap.xunta.gal/revistas/REGAP) para a súa descarga libre.  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 875 de 1230
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212