Convocados os cursos do segundo semestre destinados ao persoal da Administración autonómica
Cursos / Venres, 3 de Xullo de 2020.
A EGAP convoca no DOG do 3 de xullo un total de 39 edicións e 1609 prazas en cursos de formación continua dirixidos ao persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico e da Administración institucional.
Destinatarios: o persoal empregado público destinado na Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, nas entidades públicas instrumentais enunciadas na alínea a) do artigo 45 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia e na Administración institucional.
Solicitudes: desde as 8 horas do 4 de xullo ás 23.55 horas do 16 de xullo en
https://egap.xunta.gal/matricula
Número máximo de solicitudes para esta convocatoria: cinco