A Escola Galega de Administración Pública, en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, no marco da iniciativa Universo EGAP Innova, convoca a Xornada de formación práctica dixital (E‑martes) sobre sistemas para a contratación pública.
Persoas destinatarias:
- O persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega, dos seus entes públicos instrumentais e da Administración institucional; para a selección deste grupo terán prioridade as persoas con funcións directamente relacionadas coa materia impartida, sempre que se poidan confirmar cos datos dispoñibles ou coa documentación achegada antes de que finalice o prazo de inscrición ao correo electrónico novas.egap@xunta.gal
– A cidadanía: profesionais e persoas interesadas na materia impartida.
Os dous grupos de persoas destinatarias participarán de xeito conxunto na parte teórica da formación, que na súa parte práctica se adaptará aos requirimentos específicos de cada grupo de persoas destinatarias..
Prazas: 50 (25 para o persoal empregado público especificado en persoas destinatarias; 25 para a cidadanía)
Data: 24 de novembro de 2026.
Duración: 7 horas lectivas.
Inscrición: das 09:00 horas do 16 de novembro ata as 23:59 horas do 22 de novembro de 2026.