Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A EGAP actualiza a súa plataforma de teleformación

    A Escola / Venres, 11 de Setembro de 2020.

    A Escola Galega de Administración Pública actualiza a súa plataforma de teleformación á versión 3.9 de Moodle, o sistema web de ensinanza que permite crear e xestionar espazos de aprendizaxe online. A través desta actualización a EGAP mellorará a experiencia formativa do persoal empregado público de Galicia, dotará aos docentes das ferramentas educativas máis innovadoras e facilitará a administración interna dos cursos.


    Entre as novidades máis destacadas atópanse a posibilidade de incorporar materiais didácticos interactivos elaborados baixo o estándar H5P, a mellora da navegación dentro dos apartados dun curso, unha maior personalización do taboleiro de cursos inicial por parte do alumnado, a reforma do sistema de mensaxaría interna da aula, a opción de engadir envíos de audio e vídeo por parte dos usuarios sen necesidade de instalar aplicacións no dispositivo, a incorporación dun módulo de intelixencia artificial para realizar notificacións ao alumno e a mellora do módulo de enquisas, entre outras.

    Todas estes avances permitirán asumir con eficacia a formación online impartida pola Escola, que este ano se viu incrementada a causa da pandemia, o que obrigou a reconverter algunhas actividades programadas inicialmente como presenciais.

    A formación non presencial na EGAP

    A Escola Galega de Administración Pública iniciou a súa experiencia coa formación online no ano 2009 e dende ese momento esta modalidade foi incrementándose progresivamente ata supoñer na actualidade máis do 75% das prazas ofertadas anualmente. Este crecemento debeuse, en parte, ás vantaxes que ofrece a docencia non presencial como facilitar a conciliación dos tempos profesionais e persoais, reducir os desprazamentos ou permitir unha maior autoxestión do tempo do alumnado.

    Ademais, dende 2019 a EGAP conta cun módulo de telepresenza que permite impartir docencia a distancia pero mantendo unha comunicación fluída e constante co alumnado, superando así algunha das barreiras da teleformación máis tradicional.  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 883 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212