Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Xornada Protección de datos a partir da pandemia COVID-19

    Xornadas / Luns, 14 de Setembro de 2020.

    A EGAP convoca para o próximo 29 de setembro unha xornada coa finalidade de tomar coñecemento das últimas novidades na aplicación da normativa de protección de datos a partir da emerxencia sanitaria derivada da pandemia COVID-19 e analizar o impacto das medidas adoptadas sobre os dereitos contemplados en dita normativa.


    Persoas destinatarias: A xornada está dirixida ao persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica da Comunidade Autónoma de Galicia e dos seus entes instrumentais.
    Data: 29 de setembro de 2020
    Horario: de 11:30 a 14.00 horas.
    Lugar: Escola Galega de Administración Pública. Rúa Madrid, 2-4. Santiago de Compostela.
    Duración: 2,5 horas lectivas.
    Prazas: 60
    Para o desenvolvemento da clase de xeito presencial garantirase o cumprimento das medidas de seguridade e hixiene establecidas na normativa vixente para a prevención da COVID-19. No caso de que as circunstancias sanitarias impedisen desenvolver esta sesión de forma presencial utilizaríanse outras plataformas ou ferramentas que permitisen impartir os contidos de forma virtual.

    Matrícula: desde as 8 horas do 16 de setembro ata as 23.55 horas do 21 de setembro en https://egap.xunta.gal/matricula 

  • Recursos
  •   Resolución do DOG  
  •   Ficha da xornada  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 884 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212