Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A EGAP inicia unha nova edición do Curso superior de administración electrónica

    Cursos / Martes, 22 de Setembro de 2020.

    Esta mañá a Escola Galega de Administración Pública (EGAP) acolleu a primeira sesión presencia do Curso superior de administración electrónica, unha actividade dirixida a afondar, desde unha perspectiva técnico-xurídica, nesta materia, incidindo na importancia que ten a súa implantación nas distintas administracións da nosa comunidade. Esta formación de carácter semipresencial terá unha duración de 114 horas e vai dirixida en exclusiva ao persoal empregado público de Galicia. 


    O curso foi inaugurado por Sonia Rodríguez-Campos, directora da EGAP, e Fernando Suárez Lorenzo, presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia. Durante a súa intervención, a directora do organismo incidiu na necesidade de ofrecer unha formación actualizada e de calidade aos empregados da Xunta de Galicia sobre as ferramentas dixitais da Administración coa finalidade de ofrecer un servizo eficiente á cidadanía, especialmente relevante no momento actual para dar resposta ás necesidades creadas pola covid-19.

    Ademais, a directora da Escola destacou esta materia como esencial debido á progresiva transformación do sector público a un modelo integramente dixital e aos cambios derivados da aprobación da Lei 39/2015, a cal sentou as bases dun aparato administrativo que lle asegura á cidadanía a posibilidade de relacionarse cos organismos públicos a través de medios electrónicos, poñendo á disposición das persoas interesadas todas as canles de acceso que sexan precisas así como garantindo o dereito a recibir asistencia no seu uso por parte dos empregados públicos.

    Finalmente, Sonia Rodríguez-Campos incidiu no esforzo levado a cabo na Escola nos últimos anos por incrementar a actividade neste eido a través de cursos superiores coma o iniciado hoxe, do plan de formación anual ou da iniciativa Universo EGAP innova, a cal recibiu recentemente o premio á innovación didáctica na formación outorgado polo Instituto Nacional de Administración Pública. 
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 885 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212