Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    VIII Xornada de formación práctica dixital (E-martes)

    Xornadas / Venres, 25 de Setembro de 2020.

    A EGAP, en colaboración coa Amtega, convoca para o vindeiro 6 de outubro un novo e-martes sobre os sistemas para a contratación pública (portal Contratos de Galicia. Licitación electrónica Silex. Rexistro Xeral de Contratistas. Sistema electrónico de facturación). Este contido adaptarase aos dous grupos de persoas a que vai dirixida a actividade e constará dunha introdución xurídica (común) e posterior práctica nas aulas de informática da Escola.


    Persoas destinatarias
    • O persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega e dos seus entes instrumentais. No caso das empregadas e empregados públicos, priorizarase a inscrición daquelas persoas solicitantes que poidan xustificar debidamente que as súas funcións están directamente relacionadas coa materia impartida.
    •  A cidadanía: profesionais e persoas interesadas no manexo das aplicacións descritas na súa relación coa Administración.
    Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP), rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.
    Data: 6 de outubro de 2020.
    Horario: mañá e tarde.
    Duración: 6 horas lectivas.
    Número de prazas: determinado pola capacidade das aulas adaptada ás medidas de seguridade e hixiene previstas na normativa vixente para a prevención da COVID-19:
    • Persoal empregado público: 16.
    • Cidadanía: 13.
    Matrícula: desde as 8 horas do 26 de setembro ata as 23.55 horas do 28 de setembro en https://egap.xunta.gal/matricula 

  • Recursos
  •   Resolución do DOG  
  •   Ficha do curso  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 887 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212