Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A Escola reforza as actividades en materia de protección de datos no contexto da covid19

    Xornadas / Martes, 29 de Setembro de 2020.

    Esta mañá tivo lugar na EGAP a xornada Protección de datos a partir da pandemia Covid-19, na que participaron 60 empregadas e empregados públicos. A actividade foi organizada co fin de tomar coñecemento das últimas novidades na aplicación da normativa de protección de datos a partir da emerxencia sanitaria derivada da pandemia COVID-19 e analizar o impacto das medidas adoptadas sobre os dereitos contemplados en dita normativa.


    Durante a clausura da actividade a directora do organismo, Sonia Rodríguez-Campos, destacou a complexidade da materia na situación actual e incidiu en que a convocatoria de actividades formativas sobre o tema é esencial para a correcta aplicación da normativa por parte do persoal empregado público. Ademais, lembrou que as consideracións relacionadas coa protección de datos non deberían empregarse para obstaculizar ou limitar a efectividade das medidas que adopten as autoridades na loita contra a epidemia. 

    Finalmente, a directora da Escola anunciou que, debido ao elevado número de inscripcións recibidas, esta xornada será convocada novamente na modalidade de telepresenza.


  •   Anterior Seguinte  
    Pax 888 de 1198
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212