Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    IX Xornada de formación práctica dixital (E-martes)

    Xornadas / Mércores, 21 de Outubro de 2020.

    O próximo 3 de novembro terá lugar na EGAP unha actividade formativa, dirixida tanto a empregados públicos coma á cidadanía, que constará dunha introdución xurídica (común) e posterior práctica nas aulas de informática da escola.


    Contidos:
    • Notificacións electrónicas. Sistema de notificacións electrónicas de Galicia: notifica.gal
    • Identificación dixital (certificados dixitais e Chave).
    • Sede electrónica.
    Persoas destinatarias:
    • O persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega e dos seus entes instrumentais. No caso das empregadas e empregados públicos priorizarase a inscrición daquelas persoas solicitantes que poidan xustificar debidamente que as súas funcións están directamente relacionadas coa materia impartida.
    • A cidadanía: profesionais e persoas interesadas no manexo das aplicacións descritas na súa relación coa Administración.
    Lugar: EGAP, rúa Madrid, 2-4. Santiago de Compostela
    Data: martes, 3 de novembro de 2020
    Horario: mañá e tarde
    Duración: 6 horas lectivas
    Prazas:
    • Persoal empregado público: 16
    • Cidadanía: 13
    Matrícula: dispoñible das 8 horas do 22 de outubro ata as 23.55 horas do 28 de outubro en https://egap.xunta.gal/matricula 
  • Recursos
  •   Resolución do DOG  
  •   Ficha da xornada  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 892 de 1198
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212