Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    II Curso monográfico A innovación social no sector público

    Cursos / Xoves, 15 de Outubro de 2020.

    Despois do éxito da primeira edición, impartida o pasado mes de xuño, a EGAP volve convocar este curso monográfico coa finalidade de familiarizar o alumnado cos conceptos e procesos básicos da innovación social, con especial atención á súa relevancia, aplicación e particularidades no sector público, entendendo por innovación social o deseño e posta en práctica de novas solucións (modelos, produtos, servizos e políticas) que permitan responder mellor que coas xa existentes a determinados retos sociais.


    A extraordinaria situación provocada nos últimos meses pola pandemia do coronavirus creou incentivos particularmente poderosos para a innovación social. Así, a aparición súbita dun conxunto de problemas sociais novos para os cales as solucións existentes non semellaban adecuadas provocou a proliferación de alternativas innovadoras, algunhas máis sutís ca outras. Con fins ilustrativos, o curso utilizará numerosos exemplos extraídos da resposta ante a emerxencia sanitaria do COVID-19 e as súas consecuencias. O foco porase en exemplos centrados no sector público ou vinculados a colaboracións público-privadas.

    Persoas destinatarias: persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica e entidades instrumentais da Comunidade Autónoma de Galicia, da Administración local, da Administración de xustiza e das universidades do Sistema universitario de Galicia que se encadren nalgunha das seguintes categorías:
    • Grupo A (subgrupos A1 e A2) do persoal funcionario.
    • Grupos I e II do persoal laboral.
    No caso de non cubrir a totalidade das prazas convocadas, as vacantes que resulten poderán ser cubertas por persoal empregado público pertencente a outras categorías.

    Modalidade: teleformación
    Datas: do 2 ao 25 de novembro de 2020
    Horas lectivas: 20
    Número de prazas: 50
    Inscrición: desde as 8 horas do 16 de outubro ata as 23.55 horas do 26 de outubro en https://egap.xunta.gal/matricula 
  • Recursos
  •   Resolución do DOG  
  •   Ficha do curso  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 891 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212