Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Webinario O persoal funcionario interino: réxime xurídico e respostas á problemática suscitada pola temporalidade na Función Pública

    Xornadas / Xoves, 12 de Novembro de 2020.

    A EGAP convoca para o 19 de novembro un webinario sobre o persoal funcionario interino impartido no marco do ciclo de conferencias titulado Presente e futuro do emprego público na Administración post COVID.


    Obxectivos: analizar a temporalidade na Función Pública, un dos principais retos a que se enfrontan hoxe en día as administracións públicas en España, tal e como demostran os actuais traballos de reforma do Estatuto básico do empregado público neste punto. Ademais da equiparación de réximes xurídicos entre o persoal funcionario de carreira e o persoal funcionario interino, identificando o que é propio de cada un deles en función da súa natureza, o maior reto vén dado pola laxitude das relacións temporais funcionariais, particularmente en ámbitos como a sanidade, a educación ou a Administración local. O seminario analiza o réxime xurídico do persoal funcionario interino, partindo das circunstancias que amparan o seu nomeamento e abordando tanto as solucións adoptadas para paliar a temporalidade como as posibles transformacións en indefinidas de interinidades ou os propios procesos de estabilización.
    Persoas destinatarias: o persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica e dos seus entes instrumentais e da Administración local da Comunidade Autónoma de Galicia.
    Data: xoves, 19 de novembro 
    Modo de impartición: telepresenza
    Horario: de 12.00 a 13.30 horas
    Duración: 1,5 horas lectivas
    Número de prazas: 60
    Inscrición: dende as 8 horas do 13 de novembro ata as 23.55 horas do 16 de novembro en https://egap.xunta.gal/matricula
  • Recursos
  •   Resolución do DOG  
  •   Matrícula  
  •   Ficha do curso  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 896 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212