Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    X Xornada de formación práctica dixital (E-martes)

    Xornadas / Xoves, 19 de Novembro de 2020.

    A EGAP, en colaboración coa Amtega, convoca unha nova edición da xornada de formación práctica (e-martes) sobre o Rexistro electrónico na Xunta de Galicia que terá lugar na EGAP, en Santiago de Compostela. 


    A X Xornada de formación práctica dixital (E-martes), que terá lugar o vindeiro martes, 1 de decembro, estará dedicada ao Rexistro electrónico na Xunta de Galicia. Os seus contidos adaptaranse aos dous grupos de persoas destinatarias desta actividade; constará dunha introdución xurídica, común aos dous grupos e titulada De rexistro a rexistro electrónico: pezas clave para a Administración electrónica, e unha posterior parte práctica, nas aulas de informática da escola, cos seguintes contidos específicos:
    • Grupo de persoal empregado público: sede electrónica da Xunta de Galicia. Chave365. Rede de oficinas de atención á cidadanía e de rexistro: intranet (espazo dixital de referencia para o persoal da Administración autonómica), Aires (aplicación informática de rexistro de entradas e saídas), Rexel (recepción electrónica do Sistema único de rexistro) e SIR.
    • Grupo de cidadanía: sede electrónica da Xunta de Galicia. Chave365. Rede de oficinas de atención á cidadanía e de rexistro: eServizos, servizos nas oficinas e Sistema de interconexión de rexistros (SIR).

    Persoas destinatarias
    • O persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega e dos seus entes instrumentais. Neste grupo de persoas destinatarias darase prioridade á inscrición daquelas persoas solicitantes que poidan xustificar debidamente que as súas funcións están directamente relacionadas coa materia impartida.
    • A cidadanía: profesionais e persoas interesadas no manexo das aplicacións descritas na súa relación coa Administración.

    Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP), rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.
    Data: martes, 1 de decembro de 2020.
    Horario: mañá e tarde.
    Duración: 6 horas lectivas.
    Número de prazas:
    • Persoal empregado público: 16.
    • Cidadanía: 13.
    Inscrición: desde as 8 horas do 20 de novembro ata as 23.55 horas do 25 de novembro en https://egap.xunta.gal/matricula 
  • Recursos
  •   Resolución do DOG  
  •   Ficha da xornada  
  •   Matrícula  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 897 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212