Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7   Imagen 2 de 7  

    Ciclo de conferencias Dereito administrativo, dignidade humana e emerxencia

    Xornadas / Venres, 27 de Novembro de 2020.

    A EGAP convoca un ciclo de conferencias sobre "Dereito administrativo, dignidade humana e emerxencia" na modalidade de telepresenza coa finalidade de expoñer a incidencia que as situacións de emerxencia humanitaria, como a actual pandemia, producen nas principais categorías e institucións do Dereito Administrativo e da Administración pública.


    Persoas destinatarias: o persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica e dos seus entes instrumentais e da Administración local da Comunidade Autónoma de Galicia.
    Modalidade: telepresenza
    Horario: de 12 a 13.30 horas
    Duración: 1,5 horas lectivas cada conferencia, 6 horas o ciclo completo.
    Prazas: 60
    Inscrición: en https://egap.xunta.gal/matricula nas datas indicadas a continuación. Para inscribirse en máis dunha conferencia é preciso realizar a matrícula en cada unha delas de xeito individual. A asistencia ás catro conferencias dará dereito á obtención do certificado electrónico acreditativo da participación no ciclo. 

    Conferencias:
    • 2 de decembro: Dereito administrativo e dignidade humana (matrícula dispoñible das 8 horas do 28 de novembro ás 23.55 horas do 30 de novembro)
    • 9 de decembro: O Dereito administrativo nas emerxencias humanitarias (matrícula dispoñible das 8 horas do 28 de novembro ás 23.55 horas do 3 de decembro)
    • 16 de decembro: O dereito á boa administración en tempos de pandemia (matrícula dispoñible das 8 horas do 28 de novembro ás 23.55 horas do 10 de decembro)
    • 20 de xaneiro: Os desafíos do Dereito administrativo global en tempos de crise (matrícula dispoñible das 8 horas do 28 de novembro ás 23.55 horas 14 de xaneiro)


  • Recursos
  •   Convocatoria no DOG  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 898 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212