A EGAP, en colaboración coa Amtega, convoca unha nova edición da xornada de formación práctica (e-martes) sobre o Rexistro electrónico na Xunta de Galicia que terá lugar na EGAP, en Santiago de Compostela.
A X Xornada de formación práctica dixital (E-martes), que terá lugar o vindeiro martes, 15 de decembro, estará dedicada ao Rexistro electrónico na Xunta de Galicia. Os seus contidos adaptaranse aos dous grupos de persoas destinatarias desta actividade; constará dunha introdución xurídica, común aos dous grupos e titulada De rexistro a rexistro electrónico: pezas clave para a Administración electrónica, e unha posterior parte práctica, nas aulas de informática da escola, cos seguintes contidos específicos:
-
Grupo de persoal empregado público: sede electrónica da Xunta de Galicia. Chave365. Rede de oficinas de atención á cidadanía e de rexistro: intranet (espazo dixital de referencia para o persoal da Administración autonómica), Aires (aplicación informática de rexistro de entradas e saídas), Rexel (recepción electrónica do Sistema único de rexistro) e SIR.
-
Grupo de cidadanía: sede electrónica da Xunta de Galicia. Chave365. Rede de oficinas de atención á cidadanía e de rexistro: eServizos, servizos nas oficinas e Sistema de interconexión de rexistros (SIR).
Persoas destinatarias:
-
O persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega e dos seus entes instrumentais. Neste grupo de persoas destinatarias darase prioridade á inscrición daquelas persoas solicitantes que poidan xustificar debidamente que as súas funcións están directamente relacionadas coa materia impartida.
-
A cidadanía: profesionais e persoas interesadas no manexo das aplicacións descritas na súa relación coa Administración.
Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP), rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.
Data: martes, 15 de decembro de 2020.
Horario: mañá e tarde.
Duración: 6 horas lectivas.
Número de prazas:
-
Persoal empregado público: 16.
-
Cidadanía: 13.
Inscrición: desde as 8 horas do 2 de decembro ata as 23.55 horas do 7 de decembro en
https://egap.xunta.gal/matricula