Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Curso monográfico A Lei de contratos do sector público para os poderes adxudicadores non Administración pública (PANAP)

    Cursos / Luns, 7 de Decembro de 2020.

    A EGAP convoca un curso monográfico mixto, con tres sesións en telepresenza e unha presencial, co obxectivo de propiciar o debate ao redor daqueles aspectos máis relevantes desde o punto de vista xurídico e da xestión introducidas polas últimas novidades lexislativas en materia de contratación pública que afectan aos PANAP (poderes adxudicadores non Administración pública), e achegar unha formación de carácter práctico sobre os sistemas e plataformas electrónicas para a tramitación dos procedementos de contratación no ámbito autonómico. 


    Persoas destinatarias: responsables e xestores/as de contratación das entidades instrumentais descritas no artigo 45.b) da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, sempre que non teñan a consideración de administración pública: fundacións públicas autonómicas e sociedades mercantís públicas autonómicas.
    Contidos: este curso monográfico desenvolverase en tres sesións na modalidade de telepresenza e unha cuarta sesión, práctica, o último día do curso, na modalidade presencial.
    • 1ª sesión de telepresenza: O contrato menor e sistemas de racionalización técnica da contratación. Aplícase aos PANAP’s o réxime previsto para as administracións públicas?
    • 2ª sesión de telepresenza: Outros procedementos de axilización administrativa contractual: o procedemento aberto simplificado (PAS) e o supersimplificado ou sumario (PASS).
    • 3ª sesión de telepresenza: O Nodo de contratación electrónica da Xunta de Galicia: publicidade, transparencia e contratación eficiente de todo o sector público.
    • O último día do curso, na modalidade presencial, abordaranse os seguintes contidos prácticos nas aulas de informática da escola:
      • A plataforma de Contratos públicos de Galicia (CPG) e o Portal de transparencia de Galicia.
      • O novo xestor de expedientes de contratación da Xunta de Galicia (Plation).
      • O Sistema de licitación electrónica da Xunta de Galicia (Silex).
      • O Sistema electrónico de facturación da Xunta de Galicia (SEF).
    Datas de desenvolvemento: os días 14, 15, 16 e 17 de decembro de 2020.
    Duración e horario: 12 horas lectivas.
    Os días 14, 15 e 16 de decembro desenvolveranse na modalidade de telepresenza, accedendo ao espazo «aula virtual» da web da EGAP (https://egap.xunta.gal/teleformacion). Horario dos días 14, 15 e 16: de tarde, das 16.00 ás 18.00 horas.
    Horario do día 17: de mañá, das 11.00 ás 14.00 horas; e, de tarde, das 16.00 ás 19.00 horas. O día 17 de decembro o curso desenvolverase na modalidade presencial, nas aulas 3-4 da Escola Galega de Administración Pública. Rúa Madrid, 2-4. Santiago de Compostela.
    Prazas: 29
    Inscrición: en https://egap.xunta.gal/matricula dende as 8 horas do 8 de decembro ata as 23.55 horas do 10 de decembro.

  • Recursos
  •   Resolución do DOG  
  •   Ficha do curso  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 900 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212