Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    24 empregados públicos con discapacidade intelectual reciben formación de acollida na EGAP

    Cursos / Mércores, 9 de Decembro de 2020.

    A directora da Escola Galega de Administración Pública deulle a benvida á Xunta de Galicia ao primeiro dos dous grupos que asisten entre hoxe e mañá a un curso de acollida, deseñado para ofrecer coñecementos básicos previos á súa incorporación como persoal funcionario de carreira en materia de administración electrónica, protección de datos e prevención de riscos laborais.


    Ao remate da sesión, Sonia Rodríguez-Campos, lembroulles que a partir deste momento poden "considerarse xa activos dunha Administración moderna e eficiente, á que de seguro contribuirán diariamente cun traballo impecable".

    Ademais, tamén lles indicou o seu desexo de que este curso lles axude a "encarar con máis confianza e ilusión a súa andadura na Xunta de Galicia e que tamén sexa o primeiro de moitos". Neste sentido, lembroulles o papel da EGAP como centro de formación do persoal empregado público da Comunidade Autónoma e convidounos a continuar formándose nas actividades que convoca a Escola.

    Finalmente, adiantoulles a próxima presentación do plan de formación anual deseñado para o ano 2021 no que poderán cursar títulos específicos sobre informática, administración electrónica, lingua galega ou comunicación, entre outras moitas áreas. 
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 901 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212