Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A REGAP abordará no próximo número diversos aspectos relacionados coa covid-19

    Publicacións / Luns, 14 de Decembro de 2020.

    Esta tarde reuníronse na EGAP os membros do consello de redacción da Revista Galega de Administración Pública (Regap), publicación dirixida por Sonia Rodríguez-Campos, para aprobar os contidos do número 60 (xullo-decembro 2020).


    Esta nova publicación incluirá entre as súas páxinas dous estudos sobre a covid-19 que abordarán a pandemia dende ámbitos diferentes. Así, o próximo número da Regap publicará os artigos titulados “Dereito a unha información sanitaria precisa e a unha boa xestión dos datos epidemiolóxicos. Un número pendente en España debido á Covid-19”, de Francisco Javier Sanz Larruga -catedrático de Dereito administrativo da UDC- e “Pandemia, axudas de Estado e axudas aos estados”, de Juan Antonio Rodríguez Míguez -subdirector xeral de investigación da Comisión Galega da Competencia-. 

    Ademais, o próximo número da revista incluirá textos sobre as causas xerais de resolución dos contratos administrativos, a recuperación de servizos públicos locais, a planificación do territorio en áreas de baixa densidade, a mediación no proceso contencioso-administrativo, os contornos de protección dos bens culturais, a integridade na contratación pública ou o principio de autoridade nos procedementos con administracións públicas.

    Todos estes artigos estarán dispoñibles nas próximas semanas na páxina web da Escola e o seu acceso e descarga será libre.
     
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 902 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212