Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    O próximo número de A&C abordará a incidencia da pandemia dende diferentes perspectivas

    Publicacións / Luns, 21 de Decembro de 2020.

    Esta tarde reuniuse na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) e a través de videoconferencia o equipo editorial da revista Administración&Cidadanía para aprobar os contidos do número 2 volume 15 que estará dedicado a analizar a incidencia da pandemia dende diferentes perspectivas.


    A dita publicación, que estará dispoñible nas próximas semanas, incluirá artigos centrados no dereito ante situacións de crise, no impacto da pandemia sobre as liberdades fundamentais, no dereito de manifestación en tempos de pandemia, na regulación do teletraballo ou no impacto do programa Next generation EU en España, entre outros.

    Grazas á recente dixitalización das revistas da Escola, estes artigos poderán ser consultados e descargados de balde dende a páxina web da EGAP (https://egap.xunta.gal/revistas/AC), contribuíndo deste xeito ao fomento da investigación dende o eido público.

    Administración & Cidadanía é unha revista semestral creada no ano 2006 que ten como obxectivo a difusión do coñecemento nas áreas das Ciencias sociais e xurídicas polo que se dirixe tanto ao persoal das Administracións públicas e persoal docente e investigador como a profesionais do sector privado que desenvolvan as súas actividades nestes eidos. Ao adoptar unha estratexia interdisciplinaria, Administración & Cidadanía contribúe a reflexión e debate sobre todo tipo de problemas políticos, sociais e económicos tanto dende unha perspectiva teórica como práctica. 
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 903 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212