A Escola Galega de Administración Pública convoca unha bolsa de formación destinada a persoas que remataran o grao ou licenciatura en Socioloxía ou Ciencias Políticas con posterioridade a xaneiro de 2015.
Duración: a bolsa iniciarase coa incorporación da persoa candidata e rematará o 31 de decembro de 2021
Importe: 1.100 euros brutos mensuais
Presentación de solicitudes: na Sede electrónica da Xunta de Galicia (
procedemento PR770P) entre o 8 de xaneiro e o 8 de febreiro.
As solicitudes deberán incluír unha memoria que versará sobre «A aposta por novas metodoloxías e técnicas docentes en liña na Administración post covid», cunha extensión máxima de 20 follas. As persoas interesadas deberán achegar esta memoria coa solicitude; de non facelo así non se admitirá a súa solicitude.