Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7   Imagen 2 de 7  

    Convocado o Plan formativo ofimático de Galicia

    Cursos / Luns, 25 de Xaneiro de 2021.

    O DOG do 25 de xaneiro publica a convocatoria das actividades formativas que compoñen o Plan formativo ofimático de Galicia desenvolvido pola EGAP xunto coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia. Os cursos van dirixidos ao persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galicia, da Administración de xustiza, das entidades locais e de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG).


    Materias convocadas:
    • Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais (LibreOffice Base)
    • Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais (Microsoft Office 2019)
    • Aplicacións informáticas de follas de cálculo (LibreOffice Calc)
    • Aplicacións informáticas de follas de cálculo (Microsoft Office 2019)
    • Aplicacións informáticas de tratamento de textos (LibreOffice Writer)
    • Aplicacións informáticas de tratamento de textos (Microsoft Office 2019)
    • Aplicacións informáticas para presentacións gráficas de información (LibreOffice Impress)
    • Aplicacións informáticas para presentacións gráficas de información (Microsoft Office 2019)
    • Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico (GNU/ Linux Debian 9)
    • Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico (contorno Windows 10)
    Solicitudes: dende as 8 horas do 26 de xaneiro ata as 23.55 horas do 8 de febreiro en https://egap.xunta.gal/matricula
    O número máximo de actividades formativas que se poden solicitar nesta convocatoria limítase a tres.
    Exames: as datas e o horario das probas de avaliación, que se realizarán en liña, están indicadas no anexo II da convocatoria. 
  • Recursos
  •   Resolución do DOG  
  •   Zona de matrícula  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 911 de 1198
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212