Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A EGAP convoca dous e-martes para o mes de febreiro

    Xornadas / Martes, 19 de Xaneiro de 2021.

    (ACTIVIDADE ADIADA) A EGAP convoca en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e no marco da iniciativa Universo EGAP Innova, as XII e XIII Xornadas de formación práctica dixital (E-martes) para os días 2 e 16 de febreiro, que terán lugar de xeito individual. 



    A sesión abordará o uso de certificados dixitais na Xunta de Galicia cunha dobre perspectiva:
    • Uso interno nas administracións públicas: certificados de empregado público, certificados de selo electrónico para actuacións administrativas automatizadas e portasinaturas corporativo.
    • Cidadanía: sede electrónica da Xunta de Galicia. Proxecto Chave 365. Sala electrónica de sinaturas.
    A formación constará dunha introdución xurídica e posterior práctica nas aulas de informática da escola.

    Persoas destinatarias
    • O persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega e dos seus entes instrumentais. Neste grupo de persoas destinatarias priorizarase a inscrición daquelas persoas solicitantes que poidan xustificar debidamente que as súas funcións están directamente relacionadas coa materia impartida.
    • A cidadanía: profesionais e persoas interesadas no manexo das aplicacións descritas na súa relación coa Administración.
    Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP), rúa Madrid 2-4, Santiago de Compostela.
    Datas: martes, 2 de febreiro ou martes, 16 de febreiro
    Horario: mañá e tarde
    Duración: 6 horas lectivas 
    Número de prazas para cada sesión:
    • Persoal empregado público: 16
    • Cidadanía: 13
    Inscrición
    AVISO
    As xornadas de formación práctica dixital (E-martes) previstas para os días 2 e 16 de febrero suspéndense por mor da actual situación sanitaria. Estas actividades retomaranse en canto o permita a situación derivada da pandemia, mantendo a inscrición na orde correspondente. Comunicaremos as novas datas con antelación suficiente ao inicio destas actividades.
  • Recursos
  •   Resolución do DOG  
  •   Ficha da xornada do 2 de febreiro  
  •   Ficha da xornada do 16 de febreiro  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 910 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212