Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A EGAP e a Deputación de Ourense colaborarán na realización conxunta de actividades

    A Escola / Luns, 22 de Febreiro de 2021.

    Esta mañá a directora da EGAP, Sonia Rodríguez-Campos, e o presidente da Deputación Provincial de Ourense, José Manuel Baltar, asinaron de xeito dixital un convenio de colaboración para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación.


    O obxecto deste acordo entre estes dous organismos é a participación nas actividades da Escola do persoal dependente da Deputación e das demais entidades locais da provincia de Ourense, así como a colaboración e o desenvolvemento conxunto de actividades de carácter formativo, divulgador e investigador en materias da competencia das institucións asinantes do mesmo.

    A través desta iniciativa ambas as partes poñen de manifesto a vontade de actuar de forma máis eficaz e eficiente na utilización dos recursos das institucións que dirixen para un mellor cumprimento dos seus respectivos fins, en beneficio do persoal empregado público e da sociedade galega.

    En virtude do disposto neste convenio, as modalidades de colaboración poderán consistir na participación nas actividades da EGAP do persoal dependente da Deputación e das demais entidades locais da provincia de Ourense; a realización conxunta de cursos, xornadas, seminarios ou outras actividades de divulgación; a edición conxunta de libros e outras publicacións; ou a promoción da actividade investigadora de ambas as institucións.
     
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 918 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212