Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Webinario Os fondos para a recuperación, transformación e resiliencia: análise desde o punto de vista da contratación pública e outras fórmulas non contractuais

    Xornadas / Luns, 22 de Febreiro de 2021.

    A EGAP convoca para o próximo 9 de marzo un webinario na modalidade de telepresenza titulado Os fondos para a recuperación, transformación e resiliencia: análise desde o punto de vista da contratación pública e outras fórmulas non contractuais.


    Os novos fondos para a recuperación, transformación e resiliencia supoñen a apertura dunha xanela de oportunidade en moitos ámbitos. A pandemia da COVID-19 cambiou as perspectivas económicas dos próximos anos na Unión Europea. Para facer fronte á crise económica non só se aprobou un novo marco financeiro plurianual senón tamén un novo paquete de fondos (Next Generation) e, en particular, o instrumento do mecanismo de recuperación e resiliencia que supoñerán para España uns 140.000 millóns de euros.

    Así mesmo, xa se incluíron nos orzamentos xerais do Estado partidas para a súa execución e aprobouse unha norma para este efecto, o Real decreto lei 36/2020, do 30 de decembro.

    A conferencia pretende expoñer de forma práctica os principais elementos deste real decreto e analizar os aspectos máis relevantes: os proxectos estratéxicos para a recuperación e transformación económica (Pertes), o Plan de recuperación, transformación e resiliencia, as posibilidades de colaboración público-privada, os cambios na contratación pública e outras fórmulas non contractuais.

    Persoas destinatarias: o persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega e dos seus entes instrumentais e da Administración local da Comunidade Autónoma de Galicia.
    Data: martes 9 de marzo de 2021.
    Modo de impartición: telepresenza.
    Horario: de 11.30 a 14.00 horas.
    Duración: 2,5 horas lectivas.
    Número de prazas: 60.
    Inscrición: dende as 8 horas do 23 de febreiro ata as 23.55 horas do 2 de marzo en https://egap.xunta.gal/matricula


  • Recursos
  •   Resolución DOG  
  •   Inscrición  
  •   Ficha do webinario  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 917 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212