Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7   Imagen 2 de 7  

    Cursos sobre tecnoloxías da información e da comunicación, administración electrónica e protección de datos

    Cursos / Mércores, 3 de Marzo de 2021.

    A EGAP, mediante a sinatura dun convenio de colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, convoca 51 actividades e 2550 prazas sobre tecnoloxías da información e da comunicación (TIC), administración electrónica e protección de datos; dirixidas ao perosal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional e do persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia. 


    Persoas destinatarias: Poderá participar nas accións formativas convocadas mediante esta resolución o persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional, así como o persoal empregado público e persoas que integran as bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza, dependente da Comunidade Autónoma de Galicia, que se atope en situación de servizo activo (incluído permiso por maternidade/paternidade, adopción ou excedencia polo coidado dun/ha fillo/a ou dun/ha familiar) e que reúna os requisitos establecidos na convocatoria.
    Matrícula: dende as 8 horas do 3 de marzo ata as 23.55 horas do 17 de marzo en https://egap.xunta.gal/matricula
    Número máximo de cursos que se poden solicitar nesta convocatoria: tres


  • Recursos
  •   Matrícula  
  •   Resolución no DOG  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 920 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212