Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7   Imagen 2 de 7  

    Convocadas as actividades de formación continua en materia de igualdade e violencia de xénero

    Cursos / Luns, 8 de Marzo de 2021.

    A EGAP convoca para 2021 unha oferta formativa conxunta en materia de igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero para que todos os colectivos poidan acceder á formación con independencia da administración á que pertenzan. Este programa formativo reforza a oferta neste eido a través dun incremento no número de actividades específicas e prazas de formación co propósito de que o maior número de persoas poida acceder a unha formación específica sobre estes contidos, e contribuír así, a través da capacitación do persoal, a integrar a igualdade de oportunidades de forma transversal nas actuacións das administracións públicas de Galicia.

    Estas actividades formativas en materia de violencia de xénero están a ser financiadas nun 67 % con fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero (Ministerio da Presidencia, Relacións coas Cortes e Igualdade)


    Persoas destinatarias: o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; da Administración de xustiza de Galicia; das entidades locais de Galicia; e o PAS das tres universidades do SUG.
    Matrícula: desde as 8 horas do 9 de marzo ata as 23.55 horas do 23 de marzo en https://egap.xunta.gal/matricula. O número máximo de cursos que se poden solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a tres.


  • Recursos
  •   Matrícula  
  •   Resolución no DOG  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 921 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212