Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A Escola convoca dous novos e-martes dedicados á contratación pública

    Xornadas / Xoves, 25 de Marzo de 2021.

    Os martes 6 e 20 de abril terán lugar na EGAP, en Santiago de Compostela, dúas novas xornadas de formación práctica dixital (E-martes) que abordarán a contratación pública de Galicia a través dunha parte teórica común aos dous grupos de persoas destinatarias e dunha posterior parte práctica adaptada a cada grupo nas aulas de informática da escola.


    Persoas destinatarias: 
    • O persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega e dos seus entes instrumentais. Neste grupo de persoas destinatarias priorizarase a inscrición daquelas persoas solicitantes que poidan xustificar debidamente que as súas funcións están directamente relacionadas coa materia impartida.
    • A cidadanía: profesionais e persoas interesadas no manexo das aplicacións descritas na súa relación coa Administración.
    Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP), rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.
    Datas: os martes 6 e 20 de abril de 2021.
    Horario: mañá e tarde.
    Duración: 6 horas lectivas cada xornada.
    Número de prazas.
    • Persoal empregado público: 13.
    • Cidadanía: 10.
    Matrícula:
    • Para a XIV Xornada E-martes, que se desenvolverá o día 6 de abril: desde as 8 horas do 26 de marzo ata as 23.55 horas do 29 de marzo en https://egap.xunta.gal/matricula
    • Para a XV Xornada E-martes, que se desenvolverá o día 20 de abril: desde as 8 horas do 26 de marzo ata as 23.55 horas do 12 de abril en https://egap.xunta.gal/matricula
  • Recursos
  •   Matrícula  
  •   Resolución no DOG  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 925 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212